O 34% da poboación española presenta algún problema de saúde mental, segundo o Informe Anual do Sistema Nacional de Saúde 2023. Esta cifra supera o 40% en persoas de 50 ou máis anos e alcanza o 50% en maiores de 85. Coa túa axuda, as seguintes organizacións poderán reforzar os proxectos nos que traballan. APTACAN (Cantabria): propón o desenvolvemento dun grupo de formación, apoio e axuda mutua para familias de persoas con trastorno do espectro autista (TEA). Asociación para a saúde mental Xira-Sol (Baleares): o seu traballo céntrase na mellora do benestar emocional para reducir o risco de suicidio en persoas con trastorno mental. Asociación aragonesa de familiares de enfermos cun Trastorno da Conduta Alimentaria (ARBADA): a través do proxecto de apoio psicosocial para familiares e afectados por un TCA, capacítase o afectado e a súa familia con habilidades para afrontar o proceso da enfermidade dende unha perspectiva máis positiva. Confederación SAÚDE MENTAL España (varias CC. AA): o seu programa “Escola de Saúde Mental” facilita o intercambio de coñecementos, fomenta as boas prácticas e reforza o movemento asociativo SAÚDE MENTAL España. AVELLENTAMENTO SAUDABLE (PAÍS VASCO E NAVARRA) A XUDA ÁS ENFERMIDADES MENTAIS COÑECE TODO O NOSO PLAN DE SOLIDARIEDADE AQUÍ A GRAN RECOLLIDA DE ALIMENTOS DE FESBAL solidariedade AVELLENTAMENTO SAUDABLE (PAÍS VASCO E NAVARRA)Un ano máis, sumámonos ao reto de EITB Maratoia que mobiliza a toda a sociedade vasca e navarra. Nesta ocasión, o obxectivo é recadar fondos para levar a cabo proxectos de investigación sobre avellentamento saudable, impulsados por BIOEF (a Fundación Vasca de Innovación e Investigación Sanitarias), para que as persoas maiores de 65 anos gocen dunha vida máis longa e saudable. Como colaborar? Ata o 26 de novembro podes achegar o teu gran de area ao pasares por caixa nas nosas tendas de Euskadi e Navarra. DO 7 AO 9 DE NOVEMBRO A GRAN RECOLLIDA DE ALIMENTOS DE FESBALEROSKI volve participar na Gran Recollida da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), o maior evento solidario dos Bancos de Alimentos a prol das persoas máis desfavorecidas en España. Cómo participar?Acude ás nosas tendas entre o 7 e o 9 de novembro. Voluntarios de FESBAL faranche entrega dunha bolsa para introducires os produtos que queiras doar e que poderás entregar ao rematar a compra. Doa o importe que desexes ao pasares por caixa. Unha doazón de 5 € equivale a: 5€