COCIDO MONTAÑES VEGANO 150’ 4 A B D E C NUTRI-SCORE A 0,99 € por ración 8% 0,48g sal Unha ración contén: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto KCAL 27% 538 15% 13,52g AZUCRES 7% 1,43g GRAXAS saturaDAS 10% 7,04g GRAXA • 400 g de fabas brancas • 250 g de verza • 1 cebola • 1 pemento vermello • 1 pemento verde • 2 dentes de allo • 1 cenoria • 5 ou 6 patacas • 1 culleriña de pemento doce • 2 culleradas de aceite de oliva • Sal Poñer en remollo a noite anterior as fabas. Escorrer as fabas e poñelas en auga fría con media cebola, a cenoria e os pementos (a auga debe cubrir tres dedos por riba). Engadir sal e cociñar a lume medio-baixo de unha hora e media a dúas horas. En caso de o facer en pota exprés, así que comece a saír vapor, cocer durante uns 18 minutos. Mentres se cocen as fabas, limpar e cocer a verza á parte uns 20 minutos. Así que teñamos cocidas as fabas, sacar as verduras e triturar. Facer un rustrido de allo e cebola a lume moi lento e engadir a cullerada de pemento. Botar as patacas chascadas, a verza cocida, as verduras trituradas e mais o rustrido na pota das fabas. Deixar cocer a lume lento durante uns 20 minutos máis e servir. COCIDO MONTAÑES VEGANO 150’ 4