Verduras sempre á man Despois de explorar as verduras frescas de tempada, chega a quenda das súas aliadas máis prácticas: as que podes ter sempre listas para cociñar e con todo o seu sabor intacto. Conxeladas, en conserva, envasadas ao baleiro ou microondables... Catro xeitos de tomar verdura todo o ano, co equilibrio perfecto entre nutrición, sabor e comodidade. Son as mellores cómplices para comer san nos días nos que tes menos tempo para lle dedicar á cociña. Económicas, sen desperdicio e sempre listas para lles dar cor e frescura aos teus pratos. VANTAXES Listas para usar. Porcións axustadas para evitar o desperdicio. Cunha maior vida útil: as técnicas de conservación empregadas reducen a oxidación e atrasan a deterioración natural das verduras. Procesadas en contornos controlados e seladas hermeticamente. E Sempre a bos prezos. 5